29.12.07

cabalgata de reis



a asociación amigos da feira, coa colaboración dos valuros, organiza unha cabalgata de reis en castro de rei o día 6 de xaneiro a partir das cinco da tarde. haberá agasallo para tódolos asistentes.

21.11.07

Ñam, ñam, xa foi!






Coa seca e o frío os cogomelos silvestres faltaron á cita. Menos mal que tamén os hai cultivados, para saboreo dos nosos padais.

9.11.07

Cogomelos a gogó



Para ir tentando o apetito, colo algunhas fotos da xornada micolóxica do ano pasado.
Xa vai faltando menos...

DOMINGO 18 DE NOVEMBRO, ás 9:30 h. en Castro de Rei

2.11.07

Novas "Xornadas micolóxicas" [actualizado]

O vindeiro domingo 18 de Novembro a asociación 'Amigos da feira' volve organizar as 'Xornadas micolóxicas', que xa chegan á súa oitava edición.

A iso das 9:30-10:00 todos os interesados na recolección de cogomelos deberán xuntarse no Campo da Feira. Tras a recolección -á hora do xantar- elaboraranse varios pratos con algúns deses cogomelos recolectados, que se poderán degustar no colexio 'Ramón Falcón'. Tamén haberá unha exposición dos cogomelos recolectados, que serán clasificados coa axuda dun micólogo.

Agardámosvos a todos!

[Actualización: o evento retrásase unha semana, do 11 ao 18]

23.8.07

cartaz 7ª Malla



Cachola, chourizo (que se esqueceron de poñelo), sardiñas, marmelo, queixo, viño e café! Que máis se pode pedir por 10 €?

7ª Malla de Castro de Rei



O próximo domingo 26 de Agosto a 'Asociación de Amigos da Feira de Castro de Rei' celebra por 7º ano consecutivo a súa malla tradicional na Praza Maior fronte ao Concello.